- 2 ovos
- 170 grs. de fariña
- ½ vaso de leite
- 50 grs. de azucre
- Aceite para fritir
- Azucre para empoar
Instrucións:
Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándose a fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida. Vánse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa e empóanse con azucre. Utilizando unha culler (sopeira) como medida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario