- 1 litro de aguardente branca
- 100 grs. de café moído
- 500 grs. de azucre
- 1 cáscara de limón
Instrucións:
Poñe-lo café e a cascara do limón na augardente. Tapar e deixar así durante 10 días remexéndo a cotío para que se mesture ben. Pasado este tempo, fíltrase e engádese o azucre e déixase, remexéndo de cando en vez, ata que se disolva. A continuación fáiselle outro filtrado, embotéllase e déixase repousar. Recoméndase deixar pasar un ano entre a súa elaboración e o seu consumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario